Sunday 28 de April de 2024

Boqueixón pecha o seu Ciclo de Teatro de Outono con preto de 200 persoas


O Concello de Boqueixón concluíu  o seu Ciclo de Teatro de Outono cunha sesión á que acudiron preto de 200 persoas. Finalizou, deste xeito, a posta en escena dun total de 5 obras representadas por distintas agrupacións teatrais da provincia da Coruña, rexistrando unha boa asistencia por parte do público.

A sesión de onte foi protagonizada polo Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra, coa súa peza Contos de zapatilla. As persoas asistentes gozaron con esta orixinal representación que puxo o broche final a cinco domingos seguidos de teatro na Casa da Cultura de Camporrapado, cunha media de asistentes de arredor de 200 por sesión.

A posta en marcha deste programa de artes escénicas foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña. Tamén colaborou nesta proposta o Grupo de Teatro de Maiores do Concello de Boqueixón.